jueves, 13 de septiembre de 2012

ola!!
Outro curso máis estamos aquí para axudarvos nas vosas tareas.
BO COMENZO DE CURSO

lunes, 25 de junio de 2012

O LIBRO MÁXICO

Durante o mes de xuño estivemos traballando sobre a canción de Migallas para facer un LIBDUP. Por grupos, organizamos os movementos e buscamos a roupa. Fixemos varias probas e tomas falsas. Aquí tedes o resultado de esta actividade tan divertida!!! Esperamos os vosos comentarios.


viernes, 15 de junio de 2012

ACTIVIDADES DE REPASO PARA LAS VACACIONES

As vacacións son tempo de lecer e descanso para realizar actividades distintas e variadas.
Polo tanto, a tarea fundamental no verán será pasalo ben e descansar de todo o traballo realizado durante  o curso.
Como rapaces e rapazas  responsables que sei que sodes, con moitas ansias de aprender e que non queredes olvidar o aprendido,  escribo unha serie de recomendacións que me parecen interesantes para chegar a setembro coa memoria entrenada para adquirir novos coñecementos e rematar a etapa de primaria con exito.
  • Leer tódolos días.
  • Escribir un diario cos feitos máis destacados do verán.(Debuxo incluído).
  • Libro de vacacións (opcional).
O ordenador é unha ferramenta que nos sirve para repasar moitos conceptos. Deixo varios enlaces para que entres e disfrutes aprendendo:
Fai actividades variadas e cada vez máis dificiles, podes pedir axuda aos vosos pais ou irmáns maiores.
Recorda que ti eres o principal e primer responsable do teu aprendizaxe, non te enganes a ti mesmo.

jueves, 7 de junio de 2012

A IDADE ANTIGA E IDADE MEDIA TEMA 15 DE COÑECEMENTO

NO BLOG DE AVI-3CP TEÑEN INTERESANTES ENLACES PARA REFORZAR OS CONTIDOS DO TEMA 15 DE COÑECEMENTO. ENTRADE PASARÉDELO XENIAL!!
MOITAS GRAZAS

SEMANA MATEMÁTICA

NO BLOG DA BIBLIOTECA "XIRALIBRO" DEDICAN UNHA SEMANA AS MATEMÁTICAS.
ENTRA E DISFRUTA NAS ACTIVIDADES SELECCIONADAS.

jueves, 17 de mayo de 2012

OS CATRO AMIGOS



Os alumnos/as do colexio Fleming de Vigo tiveron unha semana adicada aos contos dos irmáns Grimm, os nenos e nenas de 5º A representaron unha adaptación do conto “ Os Catro Amigos”.

Na clase de plástica debuxaron  os personaxes e  repartiron os papeis( despois de unha difícil selección) onde todos participaron activamente: Coa súa voz, movendo os personaxes, presentando, técnicos de son,…
É unha actividade moi completa onde se traballan actividades manuais, competencias lingüísticas: pronunciación, entonación, comprensión do texto, … e onde todas/os son importantes e imprescindibles. Traballando valores  como a colaboración, respecto, convivencia, tolerancia cos fallos propios e dos demáis.

Damos as gracias a todos os que nos axudaron e especialmente a Guillermo pola súa ayuda cos medios técnicos.



miércoles, 16 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS 2012




Catro vellos mariñeiros, BIS
todos metidos nun bote.
Boga, boga, mariñeiro,
imos pra Viveiro,
xa se ve San Roque. BIS

Ailalelo ...

Os mariñeiros traballan BIS
de noite coa luz da lúa.
Dá gusto velos chegare
pola mañá cedo
cheirando a frescura. BIS

Ailalelo ...

Levo sardiña e bocarte, (traio sardiña e bocarte)
vendo xurelo pequeno. (tamén xurelo pequeno)
Rapaciña de Viveiro
ven buscar o lote
do teu mariñeiroBIS

Ailalelo ..


BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA