sábado, 25 de febrero de 2012

175 anos do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO

POR MOR DO ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO.
DEIXÓVOS UNS ENLACES QUE ENCONTREI POLA REDE.
Un LIM de Caracol tola


ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES (versión orixinal)
Adiós, ríos; adiós, fontes;
adiós, regatos pequeños;
adiós, vista d'os meus ollos,
non sei cándo nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde m'eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei.
Prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiñas d'o meu contento.
Muiño d'os castañares,
noites craras d'o luar,
campaniñas timbradoiras
d'a igrexiña d'o lugar.
Amoriñas d'as silveiras
que eu lle daba ô meu amor,
camiñiños antr'o millo,
¡adiós para sempr'adiós!
¡Adiós, gloria! ¡Adiós, contento!
¡Deixo a casa onde nascín,
deixo a aldea que conoço,
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por extraños,
deixo a veiga pol-o mar;
deixo, en fin, canto ben quero...
¡quén puidera non deixar!
Adiós, adiós, que me vou,
herbiñas d'o camposanto,
donde meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto,
terriña que nos criou.
Xa s'oyen lonxe, moi lonxe,
as campanas d'o pomar;
para min, ¡ai!, coitadiño,
nunca máis han de tocar.
Xa s'oyen lonxe, máis lonxe...
Cada balad'é un delor;
voume soyo, sin arrimo...
miña terra, ¡adiós!, ¡adiós!
¡Adiós tamén, queridiña...
Adiós por sempre quizáis!...
Dígoche este adiós chorando
desd'a veiriña d'o mar.
Non m'olvides, queridiña,
si morro de soidás...
tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña!, ¡meu lar!
VIDA E OBRA (CEIP XUVENCOS)

lunes, 13 de febrero de 2012

COPLAS DE ENTROIDO

UN ANO MÁIS CELEBRAREMOS O ENTROIDO NO COLEXIO.
FIXEMOS UNHAS COPLAS. ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN!!!

ENTROIDO 2012
ESTE ANO CELEBRAREMOS
UN ENTROIDO MOI PARTICULAR.
DE XOGADORES DE BALONCESTO
VÁMONOS A DISFRAZAR
PARA CO BALÓN PIVOTAR.
OS NENOS DO FLEMING
ESTAMOS DE ENTROIDO
E DE BOTE EN BOTE
A PELOTA NO BOTE.
NA ZONA VAMOS DEFENDER
E COA TÁCTICA XERAL
BLOQUEAR E PALMEAR.
OS NENOS DO FLEMING
ESTAMOS DE ENTROIDO
E DE BOTE EN BOTE
A PELOTA NO BOTE.

AS ANIMADORAS NON PODEN FALTAR
PARA DISFRUTAR, BAILAR E SALTAR
E OS POMPOŃS AXITAR.

OS NENOS DO FLEMING
ESTAMOS DE ENTROIDO
E DE BOTE EN BOTE
A PELOTA NO BOTE.

MOITAS CANASTRAS ENCESTAMOS
E A MADELLA DE OURO GAÑAMOS.

OS NENOS DO FLEMING
ESTAMOS DE ENTROIDO
E DE BOTE EN BOTE
A PELOTA NO BOTE.

DE TANTO TROULEAR E TROULEAR
CANSADOS ESTAMOS,
PARA RECUPERAR LACÓN CON GRELOS
XANTAMOS.
E TAMÉN FILLOAS, ORELLAS E MÁIS FLORES

DAS OLIMPIADAS DISFRUTAMOS,
MOITOS DEPORTES PARTICIPAMOS.
AS COPLAS RECITAMOS.
E UN SÁUDO MOI ESPECIAL
PORQUE O PASAMOS XENIAL!!!
VIVA O ENTROIDO 2012!!!
Colaborativo 5 ºA


O ENTROIDO

Todos temos outra cara
ninguén é quen debe ser
perrucas, gafas e bigotes
todo o mundo está ao revés.

Meu irmán é unha vella
e meu pai un xaponés.
Xa ninguén me recoñece
ninguén sabe quen e quen.

Elena Blanco González 5ºA

Copla de..Entroido
O entroido e moi bonito,
pois nel nos rimos moito.
Disfrazámonos de calquera cousa,
ainda que sea de troita.
No entroido,o meu amigo
o pasa moi ben,
e eu riume del.
Todos imos de charangas,
e máis de un,
queda sen mangas.
Todos imos de festa,
hasta ven entrada a noite pecha.

Carla 5ºA

COPLA DE ENTROIDO
AO BALONCESTO IMOS XOGAR,
E ESTE PARTIDO IMOS GAÑAR.
AS ANIMADORAS VAN BAILAR,
E Á MASCOTA VAI CANTAR.
CANTAREMOS,BAILAREMOS
E MOITA MÚSICA ESCOITAREMOS.
E AO REMATAR
UNHA COPA VANNOS DAR.

MIGUEL GONZÁLEZ DOMÍNGUEZ 5ºA

Coplas de ENTROIDO

No cole pasarémolo fenomenal
porque o ENTOIDO está a chegar,
para a semana da troula non penso volverme tola.
non te tes que disfrazar
só tes que ir ao bazar.

Alba Rodríguez Boó 5ºA


Copla do entroido
Entroido,entroido
eu so che pido unha cousa
unha disfraz de coiro!!!!!!!!!
AROA
Coplas De Entroido

Este ano o entroido vamos a celebrar
e moitos disfraces comprar.
Despois comeremos
postres e nada máis.

5A Pablo Correa
Coplas do entroido
Neste entroido pasarémolo
xenial
celebrando nesta
escola o carnaval
Os nenos de 5ºA pasarémolo
xenial
Antia 5ºA
Coplas do entroido
Neste día tan bonito
vou facer unha cousa
esa cousa pode ser
disfrazarme de María Isabel.
Que chuli este día
que ben o vou pasar
vestíndome e maquillándome
unha experiencia espectacular.
E o meu décimo entroido
e o quero celebrar ao grande
comendo filloas e orellas
un entroido fenomenal.
MATILDE 5ºA
COPLA DO ENTROIDO

Este ano de baloncesto nos imos disfrazar
neste entroido cunha pelota de coiro.
Eu collo o rebote e logo
dou un bote.
Intentáronme facer un tapón
déronme na cabeza e saíume un chichón.


Pablo.F 5º-A

O Entroido
Unha festa
que varía moito
pode ser en xaneiro, en febreiro
ou en abril o Entroido.


No Entroido
Ímonos disfrazar
de guerreiros, de piratas
ou de coellos que queren xogar.

NO Entroido
imos comer
filloas e orellas
e os dedos relamer.

O Entroido
acabou
e cansado está
o que tanto xogou.
Sara Rodriguez Arias 5A.

Copla entroido
Este ano vamos a facer os xogos olímpicos,
con distintos tipos e equipos.
Os de 5ºA vamos a ir de baloncesto
e as animadoras cos pompóns
vermellos e  brancos. Vamos campeóns!!
Laura 5ºA

RIMAS DO ENTROIDO
Este ano imos celebrar
un entroido moi particular.
Disfrazarémonos de xogadores da NBA
e así imos triunfar.
Logo cantaremos e bailaremos
sen parar.
Sara Carneiro 5ºA
Pareados do Entroido
Neste Entroido,
disfrazarémonos moito.
Colle o teu disfraz
e terás un Entroido fugaz.
O Entroido este ano,
deixarate pasmado.
Neste Entroido de baloncesto iremos
e o concurso de disfraces gañaremos.
No Entroido comeremos orellas,
que saben mellor que as lentellas.
Eva Penide 5º A