jueves, 17 de mayo de 2012

OS CATRO AMIGOS



Os alumnos/as do colexio Fleming de Vigo tiveron unha semana adicada aos contos dos irmáns Grimm, os nenos e nenas de 5º A representaron unha adaptación do conto “ Os Catro Amigos”.

Na clase de plástica debuxaron  os personaxes e  repartiron os papeis( despois de unha difícil selección) onde todos participaron activamente: Coa súa voz, movendo os personaxes, presentando, técnicos de son,…
É unha actividade moi completa onde se traballan actividades manuais, competencias lingüísticas: pronunciación, entonación, comprensión do texto, … e onde todas/os son importantes e imprescindibles. Traballando valores  como a colaboración, respecto, convivencia, tolerancia cos fallos propios e dos demáis.

Damos as gracias a todos os que nos axudaron e especialmente a Guillermo pola súa ayuda cos medios técnicos.



miércoles, 16 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS 2012




Catro vellos mariñeiros, BIS
todos metidos nun bote.
Boga, boga, mariñeiro,
imos pra Viveiro,
xa se ve San Roque. BIS

Ailalelo ...

Os mariñeiros traballan BIS
de noite coa luz da lúa.
Dá gusto velos chegare
pola mañá cedo
cheirando a frescura. BIS

Ailalelo ...

Levo sardiña e bocarte, (traio sardiña e bocarte)
vendo xurelo pequeno. (tamén xurelo pequeno)
Rapaciña de Viveiro
ven buscar o lote
do teu mariñeiroBIS

Ailalelo ..


BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

miércoles, 2 de mayo de 2012

VISITA AS ILLAS ATLÁNTICAS

POR MOR DAS CONDICIÓNS METEREOLÓXICAS ADVERSAS, A VISITA PROGRAMADA PARA O DÍA 3 DE MAIO DE 2012 TRASLÁDASE PAR O DÍA 25 DE MAIO. ESPERAMOS QUE TEÑAMOS MÁIS SORTE!!