PREPARAMOS UN RAP PARA O FESTIVAL DE NADAL 2012. PASÁMOLO MOI BEN FACENDO A LETRA E A COREOGRAFÍA
NESTE NADAL
NESTE NADAL
OS DO FLEMING
CANTAMOS UN RAP
BAILAMOS UN RAP
CANTAMOS UN RAP
HA HA HAHAHA
martes, 25 de diciembre de 2012
miércoles, 19 de diciembre de 2012
CARTAS AOS REIS MAGOS
TRABALLOS REALIZADOS NA CLASE DE LINGUA GALEGA
|
CARTA AOS REIS MAGOS
Queridos Reis Magos:
Este ano gustaríame que todos os nenos do mundo
puideran ter unha casa e un alimento que levarse a boca, que os nenos do
tercer mundo poidan ter unha boa educación.
Como xa sei que iso é moi difícil, se todos
puxéramos un grauciño de area, todo sería posible. Por exemplo se nestas
datas todos os nenos e nenas do mundo que xa non queren os seus xoguetes, que
non os tiren o lixo, senón que os regalen a outras persoas que os precisan
mais que eles.
Desta maneira todo o mundo sería feliz, sen ter que
gastar moitos cartos. En xeral o meu desexo para este ano e a igualdade para
todo o mundo.
SARA CARNEIRO
|
Carta aos Reis Magos:
Queridos Reis Magos:
Ola!, son unha nena chamada Eva, que ten 11 anos e
que fai pouco na escola estudou os ecosistemas e, dinme conta de que o
planeta está fatal e que se non rectificamos as nosas accións agora mesmo,
non poderemos ter un futuro próspero, nin nós, nin os nosos descendentes. Por
ese motivo, pídovos que fagades algo.
Eu na miña casa, reciclo moi ben, e todo o que
poido, o lixo. Aínda así, hai moitísima contaminación e cada día, máis
especies están en perigo de extinción.
Por outra parte, tamén hai guerras, bandalismo,
terrorismo... , todas estas cousas que fan dano á xente.
Non é xusto que agora mesmo eu teña unha boa vida,
as miñas amizades... mentres que noutros países, os nenos están sendo
explotados, escravizados e obrigados a traballar duramente.
Como vedes, na Terra hai moitos problemas.
E eu, pídovos como agasallo a mellora de todas estes
problemas e inxustizas.
BO NADAL!
Eva.
|
Carta aos Reis magos
Reis magos: Desexo que neste ano non haxa tanta
xente mala, axuda aos do terceiro mundo, axuda aos nenos que traballan
a que deixen de traballar e poidan estudar para
cando sexan maiores sexan alguén de proveito, axuda coa fame dos nenos porque
mentras nos enchemos a barriga hai xente morrendo de fame, axuda tamén aos
que se quedan sen fogar por temporais, terremotos etc... a que teñan un fogar
mellor.
MOITAS GRACIAS SE ME CUMPRES ESTO
BO NADAL CAMILO 6ºA
|
CARTA OS REIS MAGOS-
Queridos Reis Magos:Ola!Chámome Matilde vos
acordades?Este ano non vos pediré nada material, porque sei que estamos todos
mal de diñeiro, pero os do terceiro mundo?Nin un cachiño de pan teñen para
levarse a boca. Claro está, iso a min non me parece xusto. Mentras que hai
xente de festa eses nenos están a morrer cada cinco segundos. Eu pido saúde e
alimentos para eses nenos e os seus pais que se sacrifican moito por darlles
algo de comida.
Que me decides das guerras?Da crise? Moita xente
morre por ter un benestar. Acaso non din os DEREITOS HUMANOS, liberdade de
expresión?Sí.si que o dicen,pero enton?Eu son española e doume conta de como
está o meu país, pero os políticos non fan nada e podemos caer nunha guerra.
E os deshaucios? Xente que decide quitarse a vida porque lle acaban de quitar
a súa casa... Eu pido, non máis guerras, non tanta crise, e non máis
deshaucios.
Xa sei que preferides regalarme un xoguete, pero o
meu xoguete sería ese. Saber que eses nenos xa son felices, que non hai máis
guerras, non máis deshaucios, pero sobre todo que todo o mundo vive en PAZ.
-FIN-
Carta aos Reis Magos
Querido Baltasar:
Para
min eres dos Reis Magos o mellor, pois Melchor e Gaspar so ocúpanse dos
xoguetes. Ti en cambio ocúpaste de dar comida aos máis necesitados, e sobre
todo o que mais me gusta : eliminas a competencia e dicir, Papá Noel. Tamén
entereime de vas a todos os hospitais a dar regalos aos nenos. Cómo o fas
todo iso nunha noite ? Mellor paro de dicir todo o bo que tes e dígoche o
motivo desta carta, a crise tamén vos afecta a vostedes?Elena Blanco
González
|
Carta aos Reis Magos.
Ola
son Aroa, unha nena de 11 anos que estuda no colexio Doutor Fleming. Este ano
quería pedirvos un agasallo non só para min senón para todo o mundo en xeral,
agasallo que vos pido é:que a xente non contamine o planeta coas fábricas e
industrias, eu penso que se funcionasen coa luz solar, así aforraríamos máis
e non contaminaríamos o planeta.
|
CARTA AOS REIS MAGOS
Queridos Reis Magos:
Non quero pedir ningún xoguete nin tampouco un milagro como a paz
mundial, ou que o planeta volva a ser verde, porque sei que iso é imposible se as persoas non colaboran.
Pero se podedes darlle aunque sexa, un pouco de comida aos necesitados a
min chegaríame, pero
se podedes facer algo máis, pois mellor para todos.
Grazas e ata o próximo Nadal.
Jorge Leston Armental
|
CARTA AOS REIS MAGOS
Queridos Reis Magos:
Chámome Miguel, e para este Nadal non vos pido nada
para min, pero necesito que me fagades varios favores. Gustaríame que se
acabe a fame no mundo, non houbese máis guerras, e que cada familia teña un
traballo digno e unha casa onde vivir .Tamén desexo que cedo se acabe a crise
mundial, porque hai demasiada xente que non ten traballo, nin para comer.
Polas imaxes que vexo na televisión,hai miles de nenos que teñen moitos menos
recursos ca nós ,e teñen que traballar dende moi pequenos. Para eles pídovos
que teñan a posibilidade de estudar para saír da pobreza .Gustaríame moito
que cumprades estes favores que vos pido, porque así poríame moi contento.
Miguel González Domínguez 6ºA
Doutor Fleming
|
Carta Aos Reis Magos
Queridos Reis Magos:
Chámome Miguel e teño 11 anos. Eu quero menos
contaminación; que as persoas deixen de tirar lixo,que non usen tanto os
automóbiles. Tamén quero que deixen de sobreexplotar os recursos naturais tan
rápido,que melloren o meu colexio,o Doutor Fleming;que arreglen as canastras
de baloncesto,que poñan herba por todo o patio,que non fose necesario cruzar
a calle para ir ao recreo e que as aulas fosen máis grandes. E por último
quixera que no futuro,a Terra estivera igual que fai dous mil anos,limpa e sá
|
Carta a os reis magos
Queridos reis magos:os quero pedir que toda a xente
teña algo para levar á boca. Que teñan todos a mesma oportunidade ca nos que
a xente deixe de roubar e pedir esmola pola rúa,que o planeta mellore que os
nenos tiveran xoguetes como os nosos.
DE FREDY ORLANDO GAYOZO GAYOZO
DOCTOR FLEMING
|
Carta aos Reis Magos
Queridos Reis Magos:
Gustaríame pedirvos que os nenos pobres
teñan comida, que todas que todos poidan disfrutar das festas coas súas
familias e disfrutar dunha boa saúde.
Quixera que non os esquezades da miña
familia e amigos e que poidan pasa un bo Nadal todos xutos
¡Bo Nadal!
PABLO CORREA
|
Queridos Reis Magos:
Neste Nadal eu quero que as persoas sexan felices e se alegren moito
porque no Nadal e o tempo de paz e felicidade para as persoas.
Gustaríame que poideséis esparcir
polo mundo estes desexos.
Se vos podedes cumprir estes desexos
eu estaría moi orgulloso .
Por favor cumpride estes desexos
para as persoas que non teñen a mesma sorte ca nos así sería o mundo feliz .
Se o mundo pode ser mellor
seriamos todos felices no noso mundo.
GABRIEL MOSQUERA
|
CARTA OS REIS MAGOS
Queridos Reis Magos:
Este ano os vou a pedir un regalo moi especial que
non o disfrutarei só eu, senón miles e miles de persoas necesitadas, aos que
un día fáiselles coma un ano e non son capaces de sorrir nin de soñar. Este
ano pídovos que lle levedes comida, auga e xoguetes para que os días se lle fagan
coma nós e poder ter un bo sorriso para que aprendan a dicir “eu son feliz”.
FIN
PABLO FORTES
|
Carta aos reis MAGOS
QUERIDOS REIS MAGOS
Eu quero que non me traigades xoguetes se
non a felicidade quero que axudes o planeta e intentade que haxa mais
plantacións ,seres vivos, menos industrias contaminantes e que non haxa mais
ladróns para roubar o noso
planeta do que estamos malgastando toda a
enerxía. Tamén che pido que non houbesen drogas coma a mariguana.
Esperemos que se cumpla para poder salvar
o noso planeta
Jorge da silva
Carta a os Reis Magos
Queridos Reis Magos:
Eu quería que para o ano 2013 as
cousas melloraran, xa que sodes tan magos e aínda sodes 3 podedes xuntar os vosos poderes e sacarnos da crise
porque moita xente esta a quedar sen casa e sen traballo e moitos nenos sen
ensino. Tamén estaría ben que os cans non estiveran en contenedores ou nas rùas
mortos de fame. E tamén o maltrato de mulleres , homes e nenos e que a xente tivera
alimento e sobre todo, fora a contaminación porque pronto estaremos inundados
polo lixo non teremos praias nin rúas de tanto lixo que hai.
ANTÍA RODRIGUEZ
JARDÓN N25
|
Carta os reis magos
Queridos Reis Magos :
Quero, se pode ser que non houbese máis guerras . Tamén queria que este
encargo
Fixéralo ti Baltasar porque conoce
mellor o problema, quero levarlle os
nenos de África : unha roupa , pozos , médicos, agasallos etc....
queria coidar a nosa terra e que os demáis o coieden tamén
Pero sobretodo quero que a xente non se falte a o respeto porque todos temos dereitos.
Alba
|
Suscribirse a:
Entradas (Atom)