martes, 19 de marzo de 2013

LETRAS GALEGAS 2013 ROBERTO VIDAL BOLAÑO

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

 

Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela en 1950 e faleceu na mesma cidade en 2002. Formou parte do denominado "Grupo Abrente" que, a partir da década dos 70, renovou e actualizou tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas. Todas as súas actividades xiraron sempre, e en exclusiva, arredor do teatro: desde a creación do "Grupo Antroido", en 1975, ata  "Teatro do Aquí", pasando pola breve experiencia da cooperativa "Teatro do Estaribel". En 1978 deu o paso definitivo que levou ás xentes do teatro galego a se transformaren en profesionais, superando de vez a pantasma de "amador" que pairara sempre sobre a historia do noso teatro.

As obras máis destacadas:

· A burla do galo

· A ópera de a patacón

· Agasallo de sombras

· Animaliños

· As actas escuras

· Bailadela da morte ditosa

· Cochos

· Criaturas

· Daquel Abrente

· Días sen gloria

· Doentes
· Integral

· Laudamuco, Señor de Ningures - Ledaíñas pola morte de meco

· Mar revolto
· O circo da medianoite. Maremia. As actas escuras
· Perspectivas do teatro galego actual

· Rastros
· Saxo tenor
· Touporroutou da lúa e do sol

Recursos recollidos da páxina O recanto de Mik
 Seminario Galán (Seminario Permanente do CEIP Galan, Oseiro-Arteixo): Roberto Vidal Bolaño


TELEXORNAL sobre os aspectos máis importantes da súa vida, realizado no CPI dos Dices en Rois: