Roberto
Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela en 1950 e faleceu na mesma cidade
en 2002. Formou
parte do denominado "Grupo Abrente" que, a partir da
década dos 70, renovou e actualizou tanto a escrita como as
representacións dramáticas galegas. Todas as súas actividades
xiraron sempre, e en exclusiva, arredor do teatro: desde a
creación do "Grupo Antroido", en 1975, ata "Teatro do Aquí", pasando pola breve
experiencia da cooperativa "Teatro do Estaribel". En
1978 deu o paso definitivo que levou ás xentes do teatro galego
a se transformaren en profesionais, superando de vez a pantasma
de "amador" que pairara sempre sobre a historia do noso
teatro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario